Grazas á difusión da páxina “Feiras do libro” este 2016 é máis doado coñecer as principais feiras do libro do noso país. Porque un pouco de un información nunca ven mal, reunimos todas as citas nas capitais e vilas galegas.

Feiras do libro nas capitais de Galicia

1#Feira do libro de Pontevedra

Feiras do libro Galicia Pontevedra infantil e xuvenil

Foi a primeira e os responsábeis aproveitaron o día do libro infantil e xuvenil para rendir un tributo imperdíbel. Deixámosvos a programación, aínda que xa rematou, e a programación do salón do libro infantil e xuvenil en Pontevedra que aínda estará até o mes de Maio.

2#Feira do libro de Compostela

O vindeiro 30 de Abril terá lugar no Paseo da Alameda como todos os anos. A cita terá lugar entre os días 30/04 ao 08/05.

3#Feira do libro de Lugo

Lugo romperá moldes neste día das letras galegas no que o homenaxeado é Manuel María. Por iso terá lugar entre as datas do 17 ao 22 de Maio.

4#Feira do libro de Ourense

Esta feira será unha das máis tardías da primavera, desde o 3 ao 8 de Xuño.

5#Feira do libro de Vigo

Feiras do libro 2016

A feira do libro este ano terá lugar en verán. Concretamente, entre o 1 ao 10 de Xullo.

6#Feira do libro de Coruña

Comeza o 1 e finaliza o 10 de Agosto.

As vilas máis literarias da Galiza teñen a súa propia feira do libro

Percorrerán o concello de Ferrol, do 20 ao 24 de abril, a vila de Redondela, a partir do 16 de xuño e até o 19 dese mes. Viveiro, do día 12 ao 15; Foz, entre o 18 e o 21; e, finalmente, Monforte, do día 24 ao 27. Máis información aquí. 

SEN COMENTÁRIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA


*